Quén somos e que facemos

Estamos a traballar nunha nova versión da nosa páxina web. Mentres tanto, para ter información actualizada das cousas que facemos, pódeslle botar un ollo ó noso facebook, clicando no enlace da columna dereita :)


Somos un pequeno grupo de xente da cidade das Burgas que practicamos as artes marciais históricas europeas (AHME), que son dito noutras palabras un conxunto de disciplinas marciais que se practicaban en Europa entre os séculos XIV e XIX e das que a día de hoxe conservánse testemuñas escritas.
Namentres que nas artes marciais orientais, máis coñecidas polo gran público, existe unha tradición secular que pasa de mestres a discípulos, as diversas disciplinas das AHME fóronse perdendo co tempo, especialmente debido á introducción e perfeccionamento das armas de fogo, que remataron substituido ás armas brancas como elementos de defensa persoal. Debido a esta falta de tradición, non temos máis posibilidade que "interpretar" os textos que nos deixaron os antigos mestres de armas para tentar de reconstruir a arte da espada.
A práctica da esgrima antiga ten dúas vertentes principais, distintas mais complementarias e necesarias:
A práctica en sala é o aspecto físico e deportivo da esgrima antiga, baseado no exercitamento das técnicas da disciplina que se fan con armas ou simuladores precisos e as proteccións axeitadas para cada unha, tendo en conta principlamente a integridade física dos combatientes e tamén a historicidade.
A investigación: Para poder practicar na sala temos que saber que é o que temos que facer e cómo facelo, e para iso está a investigación e interpretación dos antigos tratados de esgrima. Temos que ter en conta que estes tratados non son "manuais", no sentido moderno da palabra, senon que a miúdo son textos escuros e complexos que omiten unha gran parte da información que era obvia no seu tempo, e que agora non o é tanto.
É importante ter ben claro que a esgrima antiga non ten que ver nin coa recreación histórica nin cos espéctaculos escénicos se adoitan facer nas feiras medievais, senón que se trata dunha arte marcial, unha práctica deportiva máis, na que se empregan armas semellantes ás antigas, mais non armaduras e traxes de época, senón equipamentos deportivos modernos e sobor de todo seguros.

lunes, 6 de septiembre de 2010

Día de Colón en Poio





Tivemos o gusto de colaborar co Concello de Poio (Pontevedra) na celebración do Día de Colón, festa que se aproveita para reivindicar a orixe poiés do descubridor das Américas.
Fixemos unha demostración das nosas artes, colaborando na obra de teatro, e impartimos clases de man e media e rapieira.
Todo isto coa colaboración de xente da Sala de Santiago, moitas gracias meus!!

Hemos tenido el gusto de colaborar con el Ayuntamiento de Poio (Pontevedra) en la celebración del Día de Colón. Fiesta que aprovechan para reinvindicar el origen poiés del descubridor de Ámerica. Realizamos una demostración de nuestras artes, colaboramos en la obra de teatro e impartimos clases de mano y media y ropera. Todo esto con la colaboración de miembros de la Sala de Santiago, muchas gracias chicos!

Voltamos!!!!

Ben, despois de este parón estival, que non vacacional, debido sobre todo á falta de unha boa conexión coa rede que permitira traballar a gusto con fotografías.

Bien, después de este parón parón estival, que no vacacional, debido sobre todo a la falta de una bunea conexiçon con la red que permitiera trabajar a gusto con fotografías.