Quén somos e que facemos

Estamos a traballar nunha nova versión da nosa páxina web. Mentres tanto, para ter información actualizada das cousas que facemos, pódeslle botar un ollo ó noso facebook, clicando no enlace da columna dereita :)


Somos un pequeno grupo de xente da cidade das Burgas que practicamos as artes marciais históricas europeas (AHME), que son dito noutras palabras un conxunto de disciplinas marciais que se practicaban en Europa entre os séculos XIV e XIX e das que a día de hoxe conservánse testemuñas escritas.
Namentres que nas artes marciais orientais, máis coñecidas polo gran público, existe unha tradición secular que pasa de mestres a discípulos, as diversas disciplinas das AHME fóronse perdendo co tempo, especialmente debido á introducción e perfeccionamento das armas de fogo, que remataron substituido ás armas brancas como elementos de defensa persoal. Debido a esta falta de tradición, non temos máis posibilidade que "interpretar" os textos que nos deixaron os antigos mestres de armas para tentar de reconstruir a arte da espada.
A práctica da esgrima antiga ten dúas vertentes principais, distintas mais complementarias e necesarias:
A práctica en sala é o aspecto físico e deportivo da esgrima antiga, baseado no exercitamento das técnicas da disciplina que se fan con armas ou simuladores precisos e as proteccións axeitadas para cada unha, tendo en conta principlamente a integridade física dos combatientes e tamén a historicidade.
A investigación: Para poder practicar na sala temos que saber que é o que temos que facer e cómo facelo, e para iso está a investigación e interpretación dos antigos tratados de esgrima. Temos que ter en conta que estes tratados non son "manuais", no sentido moderno da palabra, senon que a miúdo son textos escuros e complexos que omiten unha gran parte da información que era obvia no seu tempo, e que agora non o é tanto.
É importante ter ben claro que a esgrima antiga non ten que ver nin coa recreación histórica nin cos espéctaculos escénicos se adoitan facer nas feiras medievais, senón que se trata dunha arte marcial, unha práctica deportiva máis, na que se empregan armas semellantes ás antigas, mais non armaduras e traxes de época, senón equipamentos deportivos modernos e sobor de todo seguros.

lunes, 20 de diciembre de 2010

AOUREA en Ávila






Pois sí, fixemos unha viaxe ás frías terras abulenses, aínda que por ser honestos tivemos bo tempo con sol e un pouquiño de calor.
Cos nosos amigos do Club Ertai fixemos unha clase de esgrima antiga, o malo que ó ser ó día seguinte da cea do clube, pois só viñeron dous voluntarios.
Como andamos algo precarios de material, fixemos unha clase de man e media, aprendédolles unhas cantas gardas, e uns poucos golpes.
Para mostra un botón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario